lunes, 3 de agosto de 2009

Poema perteneciente a "Ó abeiro do orballo"

Pode ser todo efimero
O sol de preto
(E de lonxe)
Unha nota
Un acto de fé
O regreso do inverno
O vento do nordés
As paoulas
O voo das andoriñas
As areas molladas
O soño esvaído
E as fráxiles caricias
Cos bicos mollados

Pode ser todo faisca
As palabras mouras
A chama celeste
O arco da vella
As néboas
O son da chuvia
Emerxendo na noite
Amartelando o teu nome
Acoitelando meu cerne
Entre a brétema
Morrendo a poucos
En silencio

Pode ser todo un desexo
Un soño
Que afoge as lembranzas
E durma o carraxe
As teimas posesivas
En tempos de infortunios
Coma si ti máis eu
Foramos ninguén
Unha pinga de po
Unha gota de auga
Unha folla do outono

Só un movemento