Pode ser todo efimero
O sol de preto
(E de lonxe)
Unha nota
Un acto de fé
O regreso do inverno
O vento do nordés
As paoulas
O voo das andoriñas
As areas molladas
O soño esvaído
E as fráxiles caricias
Cos bicos mollados
Pode ser todo faisca
As palabras mouras
A chama celeste
O arco da vella
As néboas
O son da chuvia
Emerxendo na noite
Amartelando o teu nome
Acoitelando meu cerne
Entre a brétema
Morrendo a poucos
En silencio
Pode ser todo un desexo
Un soño
Que afoge as lembranzas
E durma o carraxe
As teimas posesivas
En tempos de infortunios
Coma si ti máis eu
Foramos ninguén
Unha pinga de po
Unha gota de auga
Unha folla do outono
Só un movemento
ANXO ÁLVAREZ: POEMA "MALDITOS"
-
O escultor, fotógrafo, comentarista, poeta e pintor Anxo Álvarez, de Narón,
nos envía un poema da súa obra, (agradecendolle a colaboración), para a súa
...