viernes, 14 de agosto de 2009

Poema pertenecientes a "Non vexo chegar o momento"


Leésme a mente

Tes o poder maligno de controlarme

Voltas de cando en cando

E desfais o que tiña xa arranxado

Non hay unha, nin dúas

Nin tres oportunidades contigo

Sempre é o mesmo premio

A mesma cantilena

O cansino baile abatido na madrugada

O penúltimo cigarro

A copa demaís que leva a borracheira

Non vexo chegar o momento

Ese intre que me leve ao ceo

Lexos das túas artimañas

Dozuras logo cheas de amarguras

Nunha relación que é un delito

Sinto que unha vez máis o tempo

Xoga a carón da pérdeda e do esquezo