lunes, 3 de agosto de 2009

Poema perteneciente a "Ó abeiro do orballo"

Ó abeiro do zarzallo na memoria
Da rosada coa certeza
Da babuxa na alma
Da chuvisca co dor
Da faisca nas palabras
Da chuvia entre a néboa
Da barbana pola tarde
Da choiva entre a vida
Da poalla coa incerteza
Da zarzalla no meu ser
Do resío seducido
Da chuvascada na penumbra
Da barrañeira cando a infancia
Da mocalleira tan livián
Da chaparrada sempre escura
Do rosío apreixado

Ó abeiro da eternidade (do que foi)
Me chegarei
Ata que o dor desaparezca das lembranzas
E no inmenso pracer de esquecer
Volte de novo a ser feliz